Tódolos días, despois do recreo adicamos 20 minutos á lectura silenciosa. Collemos os nosos libros favoritos e disfrutamos lendo os libros que máis nos gustan. Sempre cumprimos a norma de ler en silencio, e por si alguén se despista, colgamos na porta este cartel.
Algunhas clases na hora de ler
26 oct 2011
24 oct 2011
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. As bibliotecas son lugares de encontros e convivencia, espazos de aprendizaxe e contacto gozoso coa cultura escrita, oportunidades para soñar e imaxinar, apoio para a addquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo...e moitísimas cousas máis.
No noso centro fixemos unha especie de concurso de marcapáxinas con slogans basados na educación para a Paz e a Tolerancia (tema a tratar este ano), no que cada aula elixiu os dous mellores marcapáxinas feitos polos seus alumnos e alumnas. De todos os seleccionados sairá o slogan deste curso académico.
Nas seguintes imaxes pódense ver algúns deles, e moi en breve xa os poderemos ver todos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)