Blogging tips

30 may 2013

ATENCIÓN, SOMOS 11 LIBROS EN BUSCA DE LECTOR.

Boas tardes, somos un grupo de libros "moi colaboradores e cooperantes". Queremos axudar á nosa biblioteca a abrirse ó mundo exterior. Por este motivo, as nosas responsables, aproveitando que o sábado a ANPA da nosa escola organiza unha festa, van deixarnos espallados polo pavillón, a zona que o rodea...non queren que demos máis pistas, porque a maxia do descubrimento do libro perderíase.
Fixádevos canto nos queren que ata puxeron un "nome especial" á nosa viaxe:
Aquí vos deixamos os pasos a seguir en caso de atoparnos:

E unhas fotiños nosas antes da viaxe. Como vedes todos somos moi distintos: narrativa, poesía, banda deseñada, ilustrados, relato breve...Pero temos algo en común: O AMOR POR OS LECTORES E LECTORAS E A LINGUA GALEGA.

24 may 2013

O ESPANTALLO AMIGO no CEIP de Pazos de Reis

Onte fixemos unha sesión de contacontos das Sementes lectoras fóra do noso centro.
Foi no Ceip de Pazos de Reis, pola tarde e para as familias.
O conto: "O espantallo amigo"de Xosé Neira Vilas foi o que representamos no cole no mes de febreiro.
Houbo moito público de tódalas idades e pensamos que o pasaron moi ben.





21 may 2013

A LAGARTA BORBOLETA

Para celebrar o día das Letras Galegas e como maio é o mes do teatro, homenaxeando a Roberto Vidal Bolaño, o pasado martes tivemos a gran sorte de poder contar no centro coa compañia de teatro " Comedias do Minho"e os traballadores da biblioteca de Vilanova de Cerveira que representaron a obra"A lagarta Borboleta".

A representación foi en horario extraescolar, para as familias, e forma parte do proxecto de contacontos das Sementes Lectoras que como sabedes colabora coa biblioteca Municipal de Cerveira, responsable da oferta desta actividade.

Ao rematar, os nenos e nenas poideron experimentar cos materiais que empregaron na representación.

Acudiron moitas familias e o espectáculo foi un éxito, aínda que non todos poideron asistir á representación por falta de espazo.
Foi un espectáculo diferente, moi visual e máxico e pasámolo moi ben!
GRAZAS por vir!

BOLETÍN INFORMATIVO DO MES DE MAIO



14 may 2013

E máis material para conmemorar as LETRAS GALEGAS e a figura de ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Chegaron ó colexio estes estupendos enlaces cunha cantiga sobre Roberto Vidal Bolaño, magnífica e outra sobre o noso idioma. Nin unha nin a outra teñen derperdizo. Moitas grazas ó autor,PACO NOGUEIRAS NODAR.

13 may 2013

O "Bilioburro" na biblioteca de Vilanova de Cerveira

Lembrades a historia do Biblioburro?
Esta vez foi en Vilanova de Cerveira onde tiveron a oportunidade de escoitar esta fermosa historia que foi posta en escea pola profe Esperanza.


O blog da bilioteca de Vilanova publicou unha entrada con imaxes e comentarios desta sesión de contacontos e fixádevos que tamén fala do noso cole. 




Sesión de contacontos con MANUEL SOLLA

O día 9 de maio visitounos Manuel Solla para facer unha actividade de animación á lectura a través de diversos medios coma contos, bonecos... que nos convidaban a implicarnos na historia.
Os participantes foron o alumnado de 4º, 5º e 6ºcurso.


 Animádevos a deixar un comentario da actividade!, podedes pedir axuda aos vosos pais.

12 may 2013

IMPORTANTE: TER EN CONTA O QUE CELEBRAMOS O 17 DE MAIO

A celebración de AS LETRAS GALEGAS, ten que conter unha reflexión sobre o que estamos a festexar.
Temos a ledicia dun idioma, dunha cultura, dunha historia...en definitiva, dunha identidade que non sería nada sen a nosa lingua.
Aquí vos deixamos este fermoso poema de XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN, só o seu título xa é toda unha declaración:

                                         TERRA DE PROSEGUIR

                                        Terra de proseguir e non dar nada,
                                        despaciosa Galicia que nos levas
                                        acochados en ti! Lento veleno
                                        que pon nos ollos unha cousa verde!
                                        Lingoa que me enche a boca enteiramente
                                        e coma un río interno me asolaga.
                                        Quero dicir teu nome e digo apenas
                                        xente de terra, homes lentamente
                                        un por un devecendo e sendo nada.
                                        Galicia coma un río que se estiña,
                                        terra de esmorecer, patria do vento!
                                        Quero dicir teu nome e digo dorna
                                        baleira, mergullada dorna negra,
                                        grande arado sen bois, feira sen xente,
                                        noite que vén, enorme noite fría...

                                        Quixera alzar meu canto coma un puño
                                        e pór na miña voz teu nome ergueito
                                        pero non hai ninguén para escoitarme.

PARA SABER MÁIS DE ROSALÍA DE CASTRO

Aquí deixamos, novamente, algúns traballos que fixemos no colexio este ano, para coñecer á escritora que fomentou o rexurdimento da literatura galega e en galego. Esperamos que axude


Rosalía de Castro 1 from ceip sobrada on Vimeo.
Pasa,río poema ilustrado from Esperanza Vázquez López on Vimeo.
movie 2 from Esperanza Vázquez López on Vimeo.

ÚLTIMA ENTREGA DO BOLETÍN FÁLAO!

Nesta última entrega que abrangue os meses de maio e xuño, coma non podía ser doutro xeito o adicamos íntegramente ó DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que neste ano 2013 ten triple celebración, como podedes ler a continuación:


7 may 2013

PREPARANDO O MES DAS LETRAS GALEGAS: ALGÚN MATERIAL PARA TRABALLAR NA AULA

O homenaxeado deste ano é o polifacético ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Moitas cousas era capaz de crear este home sinxelo e comprometido co seu país e a lingua.
Sobre todo era un home do teatro: actor, dramaturgo, iluminador...Calquera faceta do mundo da escena era quen de levala a cabo de xeito maxistral.
Aquí quedan estes fantásticos enlaces que ben poden servir para coñecer ó autor

RECOMPILATORIOS:
Os enderezos conteñen recursos de distintos tipos (vídeos, LIM, procura do tesouro...) 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/779
http://coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php

ACTIVIDADES LIM:
https://dl.dropbox.com/u/22177353/roberto/roberto.HTML 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/node/2324
http://letrasgalegasapedrapapirus.blogspot.com.es/2013/04/lim-roberto-vidal-bolano.html

SESIÓN DO MES DE MAIO DAS SEMENTES LECTORAS

O próximo martes 14 de maio de 16h30' a 18h na aula de audiovisuais do colexio, terá lugar unha nova sesión de contacontos, esta vez mooooooi especial!.

Nesta ocasión, queremos celebrar con vos O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, cunha obra de teatro que representarán os educadores e educadoras da "Biblioteca de Vilanova de Cerveira", en colaboración coa compañía teatral "Comedias do Minho", entidade coa que o colexio ten un intercambio de experiencias.

O título da obra é: "LAGARTA BORBOLETA" un espectáculo para familias que xa ten sido representado en varias localidades.

Teremos a ocasión de ver moi de perto, todos os elementos que conforman unha obra de teatro (iluminación, vestiario, son...), nun ano no que o 17 de maio é adicado a un home de teatro ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Coma sempre, ó final do espectáculo haberá un pequeno taller. 
  
http://www.comediasdominho.com/                                                                    biblioteca.cm-vncerveira.pt/‎

3 may 2013

reseña no blog de libros para soñar

 
A profesora Esperanza Váquez López, do CEIP da Sobrada (Tomiño), vai protagonizar a sesión de contacontos de hoxe venres, en LIBROS PARA SOÑAR. Especialista en educación artística e musical, Esperanza Vázquez colabora na posta en marcha das actividades da biblioteca do centro, que destacan polo seu dinamismo. Así, na biblioteca Axexo teñen impulsado un proxecto denominado “Sementes Lectoras” que consiste en organizar sesións de contacontos en horario extraescolar para animar a ler en familia, a partir da obra de autores clásicos da literatura galega.
Ademais, participa nunha rede de intercambio de contacontos que reúne a varios centros educativos, como os CEIP da Sobrada, de Pazos de Reis (Tui), e o colexio de Vila Nova de Cerveira (Portugal).
Na sesión de mañá, a partir das 18:30 horas, Esperanza Vázquez vai contar o conto do “Biblioburro”,
                              A profesora Esperanza Váquez López, do CEIP da Sobrada (Tomiño), vai protagonizar a sesión de contacontos de hoxe venres, en LIBROS PARA SOÑAR. Especialista en educación artística e musical, Esperanza Vázquez colabora na posta en marcha das actividades da biblioteca do centro, que destacan polo seu dinamismo. Así, na biblioteca Axexo teñen impulsado un proxecto denominado “Sementes Lectoras” que consiste en organizar sesións de contacontos en horario extraescolar para animar a ler en familia, a partir da obra de autores clásicos da literatura galega.
Ademais, participa nunha rede de intercambio de contacontos que reúne a varios centros educativos, como os CEIP da Sobrada, de Pazos de Reis (Tui), e o colexio de Vila Nova de Cerveira (Portugal).
Na sesión de mañá, a partir das 18:30 horas, Esperanza Vázquez vai contar o conto do “Biblioburro”,