25 mar 2013
22 mar 2013
AGASALLO DA ANPA
Nestes días a ANPA do colexio agasallounos cun lote de libros para a biblioteca. Son libros de temática variada, destinados a todo tipo de lectores.
Xestos como este merecen un agradecemento público, por iso tamén dende esta plataforma queremos dar as grazas a ANPA en nome de todo o profesorado do centro.
Grazas por colaborar con nós e con toda a comunidade educativa.
Xestos como este merecen un agradecemento público, por iso tamén dende esta plataforma queremos dar as grazas a ANPA en nome de todo o profesorado do centro.
Grazas por colaborar con nós e con toda a comunidade educativa.
21 mar 2013
Los libros de matemáticas del OGRO FEROZ
Del autor Grigory Oster, estos dos libros publicados por la editorial Oniro plantean de un forma muy amena y divertida problemas matemáticos para segundo, tercero y cuarto de primaria.
Destinados para aquellos que odian las mates y están a costumbrados a afrontar los problemas matemáticos como algo aburrido.
20 mar 2013
19 mar 2013
21 de marzo, día mundial da poesía
UN POUCO DE HISTORIA
O día Internacional da POESÍA foi proclamado pola UNESCO en novembro de 1999 e celebrouse por primeira vez o 21 de marzo do 2000.
Xurde co obxectivo de recoñecer as actividades poéticas que se realizan nos diferentes países e PROMOVER A POESÍA COMO UNHA FORMA DE CULTURA ESENCIAL
P de POESÍA |
Gústanos a poesía e para celebrar este día imos convertirnos en inxeniosos superpoetas inventando o que imos chamar...
Que non sabes por onde empezar?
Xa tes o boletín de marzo, fíxate ben, verás que fala de ...claro! Pois, xa está...!
Escolle a rima e estrofa que máis te guste e adiante!!!
Crea a túa, seguro que será moi especial!
E para facelo, DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN
17 mar 2013
Sesión do mes de marzo de "AS SEMENTES LECTORAS"
Xa van tres!, parece mentira. O próximo xoves día 21 de marzo ás 16h 30', terá lugar na biblioteca do colexio unha nova sesión de contacontos. Vai ser moi especial, porque coincide co "DÍA DA POESÍA", por este motivo o ímos adicar a achegar ós nenos e nenas a figura de Rosalía de Castro e os seus poemas.
A montaxe que temos preparada leva por título "Té con Rosalía" e cremos que vai estar chea de sorpresas.
Ademais, queremos que serva de homenaxe de toda a comunidade educativa a esta poetisa, que tanto significou para as nosas letras, no ano no que se conmemora o 150 aniversario dunha obra clave na literatura galega "CANTARES GALLEGOS".
Vos convidamos a vir e participar, porque coma sempre, trataremos de que sexa o máis interactiva posible.
Vos esperamos.
A montaxe que temos preparada leva por título "Té con Rosalía" e cremos que vai estar chea de sorpresas.
Ademais, queremos que serva de homenaxe de toda a comunidade educativa a esta poetisa, que tanto significou para as nosas letras, no ano no que se conmemora o 150 aniversario dunha obra clave na literatura galega "CANTARES GALLEGOS".
Vos convidamos a vir e participar, porque coma sempre, trataremos de que sexa o máis interactiva posible.
Vos esperamos.
11 mar 2013
UNHA RECOMENDACIÓN INTERESANTE!
Ata o día 23 de marzo, terá lugar na cidade de Pontevedra o XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Vos animamos a visitar este escaparate da literatura, o libro e as artes musicais e escénicas de Galicia, no que poderedes comprobar de primeira man o que "se cociña" na nosa terra de cara ó público infantil ou non tanto, duuunnnssss...0 a 99 anos!.
Nesta edicición o tema do salón é A TODA MÁQUINA!. Vos deixamos o cartel e uns enlaces onde podedes ver o programa.
http://es-es.facebook.com/pages/Sal%C3%B3n-do-Libro-Infantil-e-Xuvenil-de-Pontevedra/210643579072120
3 mar 2013
Recomendacións literarias
Este venres 8 de marzo é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, no que todos e
todas debemos pararnos a pensar que podemos facer para que a situación
mude e que non existan roles, que normalmente, aparecen a idades moi
temperás. Que mellor xeito que empregar os contos como ferramenta para
reflexionar?
http://www.ducotedesfilles.org/es/anims/flashdeluge.html Vídeo do conto "UNA FELIZ CATÁSTROFE"
http://www.slideshare.net/zuceac/rosa-caramelo-14738005 Para traballar co conto "ROSA E CARAMELO".
http://www.youtube.com/watch?v=bDq-_W4M9O8 Montaxe elaborado polo alumnado do CEIP de Quintela (Moaña) a partir do conto "Rosa e caramelo"
http://youtu.be/7k1UnDQMXbc
Distintos finais para traballar dous contos clásicos ("La Cenicienta" e "La Bella Durmiente")
TEM POUCA DIFERENÇA
Recentemente saíu publicado na Editorial Galaxia un fantástico libro-disco-dvd na colección sonárbore: "María Fumaça". Este traballo con coidadas ilustracións nos brinda a oportunidade de coñecer algunhas cancións do mundo da "lusofonía", entre as que está TEM POUCA DIFERENÇA, do compositor brasileño Jackson do Pandeiro. Vos deixamos o enlace do video desta simpática canción e a letra...por si vos animades a cantar. No disco do que facemos referencia a canta o actor Tatán o que seguramente coñecedes polo grupo de títeres "Tanxarina".
http://youtu.be/eQbCVKeUz2o
- Que diferença da mulher o home tem?
-Espere aí que eu vou dizer, meu bem:
É que o homem tem cabelo no peito,
tem o queixo cabeludo e a mulher nao tem.
No paraíso, um día de manha,
Adao comeu maça e Eva também comeu.
Entao ficou Adao sem nada e Eva sem nada;
se Adao deu mancada, Eva também deu.
Uma mulher tem dúas pernas, tem dois braços,
dúas coxas, um naiz e uma boca
e tem muita inteligencia;
o homem também tem do mesmo jeito;
se for reparar direito,
tem pouquinha diferença.
http://youtu.be/eQbCVKeUz2o
- Que diferença da mulher o home tem?
-Espere aí que eu vou dizer, meu bem:
É que o homem tem cabelo no peito,
tem o queixo cabeludo e a mulher nao tem.
No paraíso, um día de manha,
Adao comeu maça e Eva também comeu.
Entao ficou Adao sem nada e Eva sem nada;
se Adao deu mancada, Eva também deu.
Uma mulher tem dúas pernas, tem dois braços,
dúas coxas, um naiz e uma boca
e tem muita inteligencia;
o homem também tem do mesmo jeito;
se for reparar direito,
tem pouquinha diferença.
2 mar 2013
Os protagonistas do "Espantallo amigo"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)