Blogging tips

28 abr 2013

Web CONTOS SOLIDARIOS, unha iniciativa de Anxo Moure

Contos para construir un mundo mellor, entrade nesta páxina e veredes
http://www.contosolidarios.org/

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Contos Solidarios leva xa máis de 6.600 sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolares, bibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosques, parques, prazas, ríos... superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata os nenos maiores de ata 100 anos.

Contos Solidarios transforma o conto en bosque coa plantación de miles de árbores autóctonas ao longo destes anos e transforma o conto en solidariedade coa entrega de bicicletas e material escolar en proxectos de cooperación en máis de 30 países de America Latina, Asia e Africa.
Contos Solidarios é unha proposta aberta a todas e todos os que queirades participar a través dun feixe de actividades diversas, dende achegarvos a escoitar un contiño enriba dunha árbore dentro dos Contos na Casa das Árbores, coñecer aos carballos que nacen dentro de botas vellas para transformarse en contos que lle dean vida ao bosque dentro das historias do Carballo con Botas, ata convidar á Ciclobiblioteca á vosa escola, vila, pobo ou mesmo á vosa casa para que roden contos e cantos e se espallen en liberdade.
Convidámosvos pois a que entredes no mundo dos Contos Solidarios.
( Fragmento da web "contos solidarios)

Libros no día do libro

                                                                                                
  

26 abr 2013

ESTE SÁBADO SESIÓN DE CONTACONTOS DO CEIP DE SOBRADA NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE VILANOVA DE CERVEIRA



Esta actividade xurdíu a raiz das sesións de contacontos de "AS SEMENTES LECTORAS". En tempos de crise, volven os intercambios e trueques, que enriquecen e fan medrar a solidariedade e a cultura.
Este sábado o conto escollido para ser representado é o "BIBLIOBURRO", unha montaxe que realizamos dende a biblioteca do CEIP de Sobrada no ano 2012 e que agora cruza a fronteira comunicante do río Miño.
A hora do conto será ás 12:00h (galegas) 11:00 (portuguesas) na Biblioteca de Vilanova (no centro do pobo, no torreiro).

Estades todos convidados a asistir.
Lembrade que o vindeiro día 14 de maio ás 16h30' virán os bibliotecarios de Vilanova a facer un espectáculo para nós.

QUE CONTINUE O ESPECTÁCULO DE COMPARTIR OU "PARTILHAR".

http://biblioteca.cm-vncerveira.pt/

Sesión do mes de abril de : AS SEMENTES LECTORAS


O AUTOR e o CONTO

                                     
                                                     OS PERSONAXES

                                             Pepiño


                                             D. Caseano 




               

                                                       A HISTORIA DE PEPIÑO
                         

                                      O MARAVILLOSO PÚBLICO

                               O TALLER: FACEMOS A PEPIÑO




TODOS FIXEMOS O NOSO MONICREQUE, EMPREGANDO ESTES MATERIAIS:
- UN TUBO DE CARTÓN.
- GOMA EVA.
- UN PAUCIÑO DE COR.
- E COMO NON, OS OLLOS!, QUE ÍA SER DUN PEPIÑO SEN ESA MIRADA
 

25 abr 2013

V FEIRA DO LIBRO USADO


Este luns 29 de abril inaugurase a V FEIRA DO LIBRO USADO.

 Os que levades algúns anos no cole xa sabedes como funciona, pero para os novos e os "depistados", decirvos que poderedes mercar os libros na hora do recreo. 
Estarán atendendo os encargados da biblioteca que lles toque. 

Todos os libros que merquedes levarán unha pegatina co axexo para que lembredes de onde veñen.

Esta feira está aberta a toda a comunidade educativa: irmáns, pais e nais, veciños... en horario de tarde os luns e mércores de 16.30 a 18:00horas.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
Seguro que hai algún libro INTERESANTE!!!

AGASALLO do concello polo día do libro

Este martes 23 de abril día do libro recibimos unha visita moi especial, a de Sandra González, a alcaldesa de Tomiño que viña acompañada dos seus "axudantes".  
Viñan recoller o libro que fixeramos co ilustrador Orballo e a traernos un agasallo para conmemorar o día do libro: unha caixa chea de libros para a biblioteca e ademais regalounos unha entrada para ver a función "O libro máxico" do grupo de teatro Migallas. 

                        O libros que viñan dentro da caixa

 Moitas grazas ao concello de Tomiño por acordarse de nós e do día do libro. 

 Os nenos e nenas de 1º do cole de Sobrada

TALLER ILUSTRACIÓN ORBALLO


O pasado mércores 13 de marzo os nen@s de 1º Primaria A e B tiveron a ocasión de coñecer a ORBALLO, ilustrador de contos como o de  Pulguiña da editorial Kalandraka
Orballo é un seudónimo que usa este ilustrador, xa que o seu nome real é Pablo Martínez. Resultou ser un taller moi dinámico e encantounos. 

Estiveron moi atentos e gustáronlles o agasallo que lles fixo Orballo: un debuxo dun animal do zoo que el mesmo fixo e que os nen@s escolleron para ilustralo en cartolinas e crear un mini-relato con el dividida en catro viñetas. Co cal, a temática centrouse nos ANIMAIS DO ZOO. Estes mini-relatos convirtíronse en cada unha das páxinas do libro que elaboramos e que os nen@s titularon: O ZOO FANTÁSTICO.

Ademais de ser uns artistas, todos aprenderon o nome das distintas partes que ten un libro e como se pode ilustrar, traballando distintos planos (de cerca, lonxe, ....). Agradecemos ao Concello de Tomiño por ofertar esta actividade e a Orballo pola súa presenza.

24 abr 2013

MIRADE QUE BEN O PASAMOS CON ANXO MOURE! Foi unha estupenda celebración previa ó DÍA DO LIBRO

O pasamos xenial!, Anxo Moure é un contador de historias fantástico. Conta e fai participar e sempre de fondo a importante temática da conservación do noso contorno.
De momento, vos deixamos unha pequena montaxe de fotos, pero vos prometemos moitas máis.


17 abr 2013

Anxo Moure visita o cole



Este venres despois do recreo ven Anxo Moure. 
    É unha persoa moi especial, él é UN CONTADOR DE HISTORIAS.  

Anxo no medio dun carballo, unha árbore moi especial para él.

14 abr 2013

Sesión de contacontos do mes de abril

Chegamos á nosa cuarta sesión de contacontos en xornada extraescolar. Neste mes de festa para a lectura, os libros, as bibliotecas...non podían faltar as nosas "SEMENTES LECTORAS".

Terá lugar na BIBLIOTECA DO COLEXIO, este VENRES día 19 de ABRIL de 16h 30' a 18h, non o podedes perder!.
A nosa elección é unha reivindicación e homenaxe a un autor que, ó longo da súa obra, tivo sempre presente as súas orixes e o legado que "o pai Miño" ten na nosa terra.

Pepiño conta a historia dun rapaz soñador que un día...Misterio, intriga e emoción.

Eliseo Alonso naceu en Goián no ano 1924. Moi novo emigrou a Bos Aires, colaborou e traballou na prensa galega na diáspora americana: fundou Mundo Gallego, dirixiu Airiños (órgano da Casa de Galicia) e elaborou o suplemento "Aquí Buenos Aires" de El Pueblo Gallego de Vigo. Á volta a Galicia seguiu colaborando na prensa americana, na española e na galega.

OBRA
Narrativa:
Contos do Miño (1955, Ediciones Mundo Gallego, Bos Aires)
A rúa do noxo (1977, Galaxia, Vigo) 
Reiciñeira (1981, Ediciós do Castro, Sada). 
Tres flores, tres pastoras, alla lejos (1987, Deputación de Pontevedra)

Ensaio: 
Viños do Rosal e do Condado (1992)
La pintura de Antonio Fernández (1959), 
Los ríos de Pontevedra (1966)
Bajo Miño y costa sur (1967)
Xoán Piñeiro (1981),
Gamelas y marineros (1987).
Poesía:
Cantos de cotovía (1950, Colección Benito Soto, Pontevedra)
Seara de romances (1952, Ed. Botella al mar, Bos Aires).
A fronteira comunicante (2002, Ed. Espiral Maior, A Coruña)
Tiempo y camino (1974, Colección Álamo, Salamanca) 

Nunca fixemos unha referencia tan extensa á obra dos autores ós que adicamos ás nosas sesións de contacontos, pero neste caso faise indispensable, xa que aínda que pareza imposible, neste caso non hai unha fundación ou institución: parroquial, municipal, provincial, autonómica... que protexa o seu legado.
Está a súa filla Alicia Alonso Rivas, que dende a súa casa exerce de "institución independente" e que moi pacientemente recibe a aqueles que desexamos saber algo máis deste importante autor.
De feito, a maioría dos documentais e publicacións que estan sendo editadas e publicadas nos últimos anos, beben das fontes deste "arquivo casero" que con tanto cariño e dilixencia é xestionado.
Lembrades o documental "O Lanzo dais imáxes" que tan bo rato fixo pasar a todos e todas as veciñas?, canta información lle debemos a Eliseo de Ghoian así como a letra da cantiga que aparece nela, a cal é un poema do libro Seara de romances: O vello capitán, con música de Antonio Campos.

GRAZAS ALICIA POR TANTA INFORMACIÓN E XENEROSIDADE. 
(Algunha información contida nestes datos, pertence á galipedia, pero boa parte dela a fumos coñecendo por investigación e por legado familiar). 

9 abr 2013

Adeus e grazas pola bondade. Non esquezamos a túa última sonrisa etrusca, José Luis Sampedro

Hoxe tivemos a triste nova do pasamento dun grande home, escritor e humanista. Era e será un grande exemplo, porque a pesar dos seus noventa e moitos anos, o seu corazón e o seu cerebro eran os de un mozo, que era quen de percatarse da necesidade dunha reivindicación social pacífica pero que se escoite.

Como novelista nos gustaría lembrar dende aquí un título en especial: "La sonrisa etrusca", por que o escollemos?...

É un libro cheo de sensibilidade de cara a dous períodos vitais tan lonxanos no tempo e tan cercanos nos afectos: a infancia e a vellez. Narra dun xeito claro e sinxelo o enriquecemento vital de dous seres que se necesitan, un nos primeiros momentos da súa vida, outro ó final.

Vos deixamos un video deste mestre da palabra e sobre todo do sentido común, tan pouco común.

            

 
imáxe de http://www.culturasur.com

“Si el niño no estuviera tan profundamente dormido sentiría en su moflete de nardo la lágrima resbalada desde la vieja mejilla de cuero” p. 223

 



3 abr 2013

ROSALÍA DE CASTRO


Rosalía de Castro 1 from ceip sobrada on Vimeo.

Este é o primeiro video que preparamos no proxecto "AS SEMENTES LECTORAS" (as sesións de contacontos que realizamos polas tardes). Corresponde á sesión do pasado mes de marzo, que adicamos a Rosalía de Castro. A montaxe está feita a partir do libro publicado por "Fundación Rosalía de Castro", fai unha aproximación moi interesante da figura da escritora ós nenos e nenas.

A narración que se escoita é o texto orixinal de Helena Villar Janeiro e a autora das fermosas e delicadas imáxes é Anxeles Ferrer, ilustradora afincada en Tomiño e cunha longa  traxectoria como autora de textos e imáxes e que tivo a amabilidade de darnos permiso para elaborar este pequeno video. Moitas grazas!, esperamos que serva para divulgar entre a rapazada á escritora Rosalía de Castro na conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.

2 abr 2013

Grazas por recordarnos e facer visibles ós que non o son tanto!

Dende a biblioteca do cole, queremos aportar o noso "granciño de area" compartindo con vos este fermoso conto da Editorial Juventud: "O CAZO DE LORENZO". A diferencia é fermosa según os ollos coa que a vexamos, pero hai que facelo de frente.


1 abr 2013

2 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Nesta data conmemórase, tal e como se vén facendo dende o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBYdeclarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todos os nenos e nenas, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado, un poema que remata así:
Lemos xuntos. 
Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

(Fonte: BEGA)