Blogging tips

16 feb 2014

E como achegarnos máis á nosa lingua?

Coa Practica. APRENDEMOS A FALAR Falando, aprendemos a xogar xogando ... Pero mellor dende que nacemos.
Pero nunca é tarde (lembrade o que nos din as persoas que nos falan nos vídeos sobre a lingua nai). Aquí vos deixamos alguns enlaces Para que investiguedes sobre vocabulario:
http://www.ciberlingua.org/recursosrede.htm
http://www.tecnoloxia.org/
http://ana-geo.blogspot.com.es/

Pero os ditos e trabalinguas son xeniais para pasar un bo rato e aprender!
http://www.orellapendella.org/
E as cantigas? ... Que me decides de que te canten e te arrolen en galego? ...



O caso é que despois de aportarvos todo este material, queremos mandar unha mensaxe que non sabemos si será unha botella ó mar, pero seguro que alguén a recolle:

GALEGO NA ESCOLA, PORQUE É NATURAL,
GALEGO NA ESCOLA PORQUE NON FAI NINGUN MAL,
PORQUE É IMPORTANTE APRENDER A AMAR
A TERRA NA QUE NACES OU VIVES E QUE ESTAS A DISFRUTAR.



13 feb 2014

21 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA NAI

Dende o ano 2000, a UNESCO conmemora cada 21 de febreiro o "Día Internacional da Lingua Materna", co fin de promover a diversidade lingüística, cultural e o multilingüísmo, ó que Galicia contribúe coa súa propia lingua: O GALEGO.

n,



24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



O 24 de febreiro conmemórase o día da escritora máis importante que tivemos en Galicia, Rosalía de Castro.

Aquí vos deixamos algúns recursos para poder coñecela mellor.











Pasa,río poema ilustrado from Esperanza Vázquez López on Vimeo.

Rosalía de Castro 1 from ceip sobrada on Vimeo.

11 feb 2014

50 anos con MAFALDA, unha nena simpática, atrevida e con ganas de cambiar o mundo.





Aquí vos deixamos uns enlaces para poder investigar máis cousas sobre Mafalda.

 web oficial de Quino

El mundo de Mafalda

Animamos a toda a familia a que participedes deixando algún comentario. 
Como describirías a Mafalda?
Cal é o teu personaxe favorito?
Tes algúnha tira cómica de Mafalda na casa?
Hai algunha viñeta que te guste especialmente?

ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS


9 feb 2014

En febreiro, ENFIANDO AVENTURAS

Comezou un mes frío, húmedo e ventoso, pero aínda así, no colexio as nosas cabezas estan quentes e as nosas mans inquedas cos preparativos da festa mais chea de creatividade do ano "O ENTROIDO".
O mes no que podemos convertirnos no que queiramos, sempre que teñamos unha meta ou gañas de emprender un longo camiño.
Aproveitando esta celebración, dende a Biblioteca Escolar queremos propoñervos unha reflexión relacionada co noso tema transversal:

Mentras exista unha diferenciación tan grande entre o xénero masculino e o fiminino, a vida das mulleres será unha aventura constante na procura do XÉNERO HUMANO.

3 feb 2014

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

O día 30 de xaneiro, a nosa biblioteca apareceu ateigada de pombas da paz, con mensaxes nos peteiros e ramiñas de romeiro. Serían os trasgos?...Serían os duendes?...Máis ben eran: Moita xente pequena (para nos moi grandes), nun lugar pequeno, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo (Eduardo Galeano).

O noso lema da biblioteca para o mes da paz fíxose realidade grazas á colaboración da ANPA. Coma unha imáxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos estas:


2 feb 2014

Sesión doble de contacontos das "Sementes lectoras" no día da PAZ

O contacontos deste mes das sementes lectoras estivo inspirado no conto  "A maior flor do mundo", de José Saramago, unha historia chea de sensibilidade, unha lección de vida, de futuro e de esperanza para nenos e maiores. 
Nesta ocasión tivemos a presencia de nais e pais que forman parte da ANPA para participar como contacontos.
O conto que dramatizaron foi unha versión dos tres porquiños contada polo lobo que según decía na carta que nos enviou pouco tiña que ver coa historia que todos coñecemos.
Un conto para un día da PAZ que nos fai pensar que moitas veces as cousas non son o que parecen, que non hai que ter prexuizos e que debemos desenrolar unha actitude empática cara ás persoas que sufren discriminación.
O conto encatounos. 
Grazas pola vosa colaboración e pola boa acollida que segue a ter esta actividade despois dun ano.!!!

Unhas imaxes para recordar...