Blogging tips

20 mar 2014

A POESÍA, ARTE UNIVERSAL

«Como expresión profunda do espíritu humano, como arte universal, a poesía é unha ferramenta de diálogo e achegamento. Ó dar acceso á expresión auténtica dunha lingua, a difusión da poesía contribue ao diálogo entre as culturas e ao entendemento mutuo
Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial da Poesía

Intercambiando historias nas sementes lectoras

Este xoves 27 de marzo temos unha nova sesión das sementes lectoras, continuando coa colaboración co Ceip de Pazos de Reis, que comezamos o curso pasado.

Nesta ocasión contamos con Suso, un pai do CEIP de Pazos, contador de historias, teatreiro e viaxeiro.

Animádevos a participar, seguro que o imos pasar moi ben!!!

16 mar 2014

As "Sementes Lectoras" agroman nas xornadas culturais

A partir do próximo luns , darán comezo "As  xornadas culturais" . Estarán cheas de actividades relacionadas co tema transversal deste ano académico.
Dende a biblioteca escolar , queremos colaborar cunhas cantas Historias de extraordimulleres . Esta montaxe xa foi representada o pasado día 7 de marzo na sesión de contacontos de "AS SEMENTES LECTORAS", pero nesta ocasión cremos que vai ser mais interesante, porque se encargarán de representala dous equipos de responsables da biblioteca: Yesenia, Paula, Clara, Carla, María, Yaiza, Verónica e Olalla.

Nenas interesadas na narración oral contando historias de mulleres pioneiras. Unha auténtica oportunidade de escoitar "Palabras en feminino".




13 mar 2014

Enfiando o mundo entre culturas: Poemas escritos por nenos e nenas de todo o mundo, poemas de todas as cores

Neste mes de marzo, cheo de celebracións, non debemos esquecer a poesía. Ademais de ser un xénero literario excepcional para transmitir emocións, supón un canle de introdución literaria dos máis pequechos.
Certo é que celebramos o día da poesía o 21 de marzo, pero...non sería mellor que todos os nosos días estiveran cheos de versos?...

10 mar 2014

Celebramos o día da muller

Catro mulleres extraordinarias foron as protagonistas da sesión de contacontos das sementes lectoras do mes de marzo. Aquí vos deixamos unha presentación con algunhas imaxes.

6 mar 2014

O día da muller: Historias de extraordimulleres

O conto desta tarde vai adicado en especial ás nenas, mozas e mulleres.
Para que se decaten da importancia de soñar.
Para que sexan conscientes do tempo tan fermoso que é a nenez.
Si a infancia é feliz, poderán camiñar ata onde elas queiran.
Si este tempo ten algunha pena, teremos que axudar a sacala, coma unha mala espiña cravada, para que o camiño non se volva gris e a cor volva a revivir.
As mulleres nunca debemos esquecer que unha pequena influencia pode cambiar a realidade.
Todas as mulleres, polo feito de selo son extraordinarias, como calquera ser humano.
Máis si aínda saben perseguir os seus soños, convírtense en EXTRAORDIMULLERES.

Aquí vos deixamos unhas cantas. As que están rodeadas de violeta, son as que estarán representadas no noso contacontos do mes, sobre as outras, vos deixamos uns interesantes enlaces nos que poderedes investigar.



Arqueólogas    Conductoras pioneiras        Innovadoras nas artes plásticas    As primeiras en voar

   Defensoras dos seus pobos    Comprometidas cos seus ideais   Sen perder a ilusión








Polo día da muller, nova sesión de contacontos de "As Sementes Lectoras"