Acaba de
presentarse esta campaña de promoción do libro por parte da Federación
de librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores. "Venres nas
librarías" será un encontro cos libros e os seus autores na tarde dos
venres nos meses de outubro e novembro.
24 sept 2014
CARTEL e lema das BE
Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas.
O lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)