Blogging tips

12 feb 2015

13 de febreiro, DÍA MUNDIAL DA RADIO

  
Mañán 13 de febreiro celebramos o Entroido no cole pero ademáis das comparsas e tódalas actividades que imos realizar relacionadas con esta conmemoración é importante lembrar que o día 13 de febreiro é o DÍA MUNDIAL DA RADIO.
Fixádevos no baúl da biblioteca " Un baul cheo de..."e veredes que A RADIO é unha das actividades que aparece dentro...
Xa que estamos de celebración quero lembrarvos que este curso participamos nunha actividade de radio escolar con outros centros do entorno e que podemos escoitalos todos os xoves ás 11.30 a través da emisora de Radio Tui. Arriba nas pestanas tedes un enlace para escoitar os programas emitidos, entre eles o que fixeron os nenos e nenas de 4º do noso cole: " A nai da nai da miña mamá", foi o conto que escolleron para recomendar a todos os ouvintes. 
Moi pronto poderemos escoitar dende Radio Tui ao alumnado de 5º e 6º, estade atentos para ver cando se emite e que non esquezades que  
"Un blog aliméntase dos teus comentarios". Cóntanos que te pareceron os programas !!!

E si vos gusta a radio e a lectura aquí vos deixamos uns enlaces a  programa culturais  de Radio 5 de RNE para disfrutar en familia.

LA ESTACIÓN AZUL DE LOS NIÑOS 
CONTANDO CUENTOS EN R5 





No hay comentarios:

Publicar un comentario