Blogging tips

29 oct. 2015

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.  

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015

24 oct. 2015

CONTO. O CLARO DO BOSQUE


O CLARO DO BOSQUE
Resultado de imagen de castillo cuentoÉrase unha vez un grupo de nenas e nenos aventureiras e aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite veulles encima cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas e acháronse no medio dun bosque escuro.


Resultado de imagen de DIBUJO CLARO DEL BOSQUEAo non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o amencer. Cando saíu o sol, os nenos e nenas, viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.

Resultado de imagen de CIUDAD MEDIEVAL DE ALTAS MURALLAS- Eu irei por este lado -dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar correu grandes aventuras.
- Este carreiro parece interesante -dixo unha nena- Non podo imaxinar o que hai
Resultado de imagen de NAVE ESPACIAL á volta do recodo. Por iso, partiu noutra dirección e pronto se atopou nunha 
nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.

—Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un neno.

—Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.

—Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.

—E eu necesito saber como funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.

Pronto se foran todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.

Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama.
E o claro do bosque contestoulle: —O meu nome é Biblioteca.

Mónica Hughes









O CAMBIO CLIMÁTICO


COÑECE A TÚA NATUREZA. O NOME DOS SERES VIVOS


OUTRO VIDEO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN SOBRADA

 

NATUREZA GALEGA. O BOSQUE

23 oct. 2015

UNHA ILLA PARADISÍACA. VIDEO SOBRE ECOLOXÍA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO NOSO COLE


VIDEO SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO NOSO COLE


VIDEOS SOBRE MEDIO AMBIENTE NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO NOSO COLE


NATUREZA GALEGA BIBLIOTECAS ESCOLARES



Estes son algúns dos videos que puidemos ver celebrando o Día das Bibliotecas Escolares e o Medio Ambiente na nosa escola.

22 oct. 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este venres 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e para celebralo que mellor que ir á biblioteca a gozar ca lectura dun conto e ver algún video.

Este ano o eixe transversal é o MEDIO AMBIENTE, polo que aunaremos Biblioteca e Medio Ambiente. Leremos o conto "O claro do bosque" e cada aula por roldas poderá ver algúns vídeos sobre ecoloxía; a auga, os bosques, residuos... segundo a idade dos cativos

Dende a Biblioteca a mascota AXEXO vos anima a que visitedes a nosa biblioteca e desfrutedes dela.

 

HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA

Dende a Biblioteca Axexo convidámosvos a visitarnos no seguinte horario:

                              - Luns, de 16:00 a 19:00
                              - Xoves, de 16:00 a 18:30

Informarvos tamén de que se queredes sacar libros ou cd's da biblioteca podedes facervos o carné da biblioteca.

O equipo da Biblioteca Axexo

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS





                          CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Co gallo da conmemoración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, o 24 de outubro, Axexo invítavos a participar nun concurso de marcapáxinas no que teredes que inventar un LEMA ILUSTRADO que trate sobre o MEDIO AMBIENTE.

Con todos os traballos presentados, faremos unha exposición, dos que un, será seleccionado e premiado.

Prazo de entrega: ata o 3 de novembro

Animádevos, podedes empregar todo tipo de materiais;

                             Mellor reciclados!!!