O
CLARO DO BOSQUE
Érase unha vez un grupo de nenas e nenos aventureiras e aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite veulles encima cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas e acháronse no medio dun bosque escuro.
Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o amencer. Cando saíu o sol, os nenos e nenas, viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.
- Eu irei por este lado -dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar correu grandes aventuras.
- Este carreiro parece interesante -dixo unha nena- Non podo imaxinar o que hai
nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a
medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
—Eu quero atopar unha
espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto
tempo prisioneiros— exclamou un neno.
—Eu tamén —e ambos
tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.
—Gustaríame ver o mundo
enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os
seus idiomas e xogar cos seus nenos.
—E eu necesito saber como
funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as
estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.
Pronto se foran todos os
nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e
aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando
que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.
Puxo a súa man sobre a suave
cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico.
Desexo saber como se chama.
No hay comentarios:
Publicar un comentario