Blogging tips

28 sept 2015

Teatro Municipal de Tui: "CHÍOS" Teatro para Bebés

http://www.culturatui.info/src/actividades/imx/actividades_180_n.jpg
 
Teatro Municipal: "CHÍOS"
Teatro para Bebés, 30 MIN
 
Chíos
Teatro para bebés  
TEATRO DA SEMENTE - A CORUÑA

Sábado, 17 de outubro, ás 17.30h e ás 19h*

Autor, dirección e escenografía: Teatro da Semente.
Música: Mamá Cabra.

Son e iluminación: Daniel Piñeiro.
Elenco: Raquel Queizás e Chus
Álvarez

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e
sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do
xogo e das cancións. Chíos trata de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e
pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes ou xogos.

Xénero: teatro para bebés.
Recomendada: de 0 a 3 anos.
Idioma: Galego.
Duración: 30 minutos.
Web:
http://www.urdime.net/#!teatro-da-semente/c1rk7.   
 


Teatro Municipal de Tui: "O ÚLTIMO DRAGÓN"

http://www.culturatui.info/src/actividades/imx/actividades_178_n.jpg
Teatro Municipal: "O ÚLTIMO DRAGÓN"
Comedia, 50 MIN
 
Teatro
Infantil
SARABELA TEATRO, OURENSE
Venres, 16 de outubro, ás 20h
Autor e dirección: Fina Calleja.
Escenografía: Amenosde7metros.

Iluminación: José Manuel Bayón.
Elenco: Fernando Dacosta, Sabela Gago,
Nate Borrajo, Elerna Seijo.
Son: Renata Codda Fons. 


“Para que vou querer eu unha princesa?” Pregúntase o noso dragón. Á
princesa Celia tampouco lle chista pasar á historia como a causante da extinción
dos dragóns, e moito menos, ter que ser rescatada por un príncipe. Todos os que
coñece son bastante parvos e, desde logo, moito menos hábiles ca ela coa
espada.


Xénero: comedia.
Clasificada: familiar.
Recomendada: +4 anos.

Idioma: Galego.
Web:
http://www.urdime.net/#!teatro-da-semente/c1rk7
Duración: 50 minutos.  
 
 

Teatro Municipal de Tui: "MAIMIÑO" Cinema infantil


http://www.culturatui.info/src/actividades/imx/actividades_176_n.jpg 


 Teatro Municipal: "MAIMIÑO"
Cinema infantil, 78 MIN
 
 
 Maimiño
Cinema Infantil


FICCIÓN PRODUCCIONES
Venres, 2 de outubro, ás
20h

Autor e guionista: Ernesto Padrón.
Dirección: Ernesto
Padrón e Bruno López.
Música: Silvio Rodríguez e Manuel Riveiro.
Elenco:
María Castro, Javier Rey, María Pujalte, Monti Castiñeiras, Antonio Mourelos,
Tacho González, Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro.
Intérpretes cancións:
Uxía Senlle e Xoán Curiel




 Maimiño é un pequeno e pobre campesiño que inicia a maior aventura da súa
vida. Terá que loitar por salvar ao palacio do rei das tebras e da sede,
enfrontarse a un carballo encantado, atopará á súa media laranxa... e tamén a
unha ladroa que lle roubará o corazón.

Xenero: Cinema Infantil.
Clasificada: todos os públicos.
Duración: 78
minutos.
Idioma: Galego.
Web:
http://www.ficcion-producciones.com
http://www.youtube.com
/watch?v=20J5pwTvIS0

PARA MÁIS INFORMACIÓN: http://www.culturatui.info/evento.php?filId=176&filLin=ga



25 sept 2015

"Biblioteca escolar, base de exploracións"

   "Biblioteca escolar, base de exploracións"
 



"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe.  

A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.
En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe. 

O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.