Blogging tips

20 dic. 2016

Guía de lectura para o Nadal 2016

Programa de radio das nenas e nenos de 5ºB

radio 


TÍTULO:NA FOGUEIRA DOS VERSOS
COLEXIO: CEIP DE Sobrada
AUTOR:Antonio García Teijeiro
EDITORIAL: Xerais
RESUMO: Este libro contén poemas con versos moi bonitos para cando teñas ganas de ler un pouco de poesía da boa .
Este poeta escribíu outros libro como “Lendo lendas digo versos”.
Actualmente Antonio vai polos colexios facendo obradoiros de poesía .
Con este libro gañou un premio, o premio Merlín de poesía

23 nov. 2016

EDUCAR NA IGUALDADE

Na web Educar en igualdade hai infinidade de recursos e materiais para traballar a igualdade de xénero. Coeducación, dereitos humanos, diversificación profesional, violencia de xénero...


FALADOIROS DE EDUCACIÓN



Este xoves, 24 de novembro,  terá lugar o segundo “Faladoiro en Educación” organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.
A cita será ás 18h Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica baixo o título “Igualmente diferentes” a cargo da tudense Mercedes Oliveira Malvar, doutora en filosofía e licenciada en pedagoxía é un dos maiores referentes no campo da educación sexual. Actualmente é catedrática de no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo. Foi fundadora do Grupo “Enxergo de Didáctica da Filosofía”, e presidenta da ONG de Derechos Sexuales Federación de Planificación Familiar de España. No seu haber conta diversos libros e publicacións como “Aprendendo a ver a desigualdade”, “Eros: Materiais para pensar o amor”, ou “¿Quen somos?”. En 2011 foi galardoa co premio Irene La Paz empieza en casa do Ministerio de Educación pola coordinación do “Proyecto Bata” realizado por alumnos e profesores para visibilizar o traballo non recoñecido e non valorado que realizan as mulleres. En 2010 foi recoñecida a súa traxectoria innovadora no programa de Educación Sexual que leva  a cabo con adolescentes de 4º da ESO co premio especial Irene, e en 1995  obtivo o premio Nacional Educación y Sociedad a materiais didácticos de innovación educativa do Ministerio de Educación e Cultural polos libros "O animal Humano" e "Eros: Materiais para pensar o amor".
Na súa charla deste xoves, e ante a celebración o venres, 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de xénero, reflexionará sobre qué estamos a facer mañ para que non consigamos paliar a lacra da violenca de xénero, que se pode facer dende a educación, e como traballar cos mozos neste tema.
As próximas sesións dos Faladoiros de Educación serán o 15 de decembro co tema “Uso reflexivo e seguro de internet e redes sociais”,  o 12 de xaneiro celebrarase o obradoiro “Autocontrol  a través da relaxación”, o 2 de febreiro “Educando en positivo” e o último o 2 de marzo “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.
Todas charlas serán ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con entrada libre ata completar o aforamento.

22 nov. 2016

O PAPAGAIO, Novembro 2016







As señais de circulación


EDUCACIÓN VIAL



Divertidas cancións para aprender as normas de educación e seguridade vial.

TOMIÑO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Tomiño pon en marcha unhas xornadas cas que visibilizar o Día internacional contra a violencia de xénero.







 
25 de Novembro

- 12:00 Bolboretas. Símbolo das mulleres asasinadas. Praza do Seixo. Traballo feito polo IES Tomiño.

- 20:30 Lectura de poemas. A cargo de mulleres de Tomiño. Mercado de Tomiño.

- 21:00 As lavandeiras. Obra de teatro a cargo de Vero Rilo (Daboapipa). Mercado de Tomiño.

- 22:00 Concerto de Checho. Concerto organizado por ADAVAS Baixo Miño. Soportales do Mercado.


30 de Novembro

19:00 Charla presentación da Oficina de Igualdade. Información sobre recursos e servizos de asesoramento e asistencia a mulleres. Casa da Cultura de Tomiño.

1 - 2 de Decembro

19:00 Obradoiro: Acción social fronte a violencia de xénero a cargo de ADAVAS Baixo Miño. Casa da Cultura de Tomiño.

14 nov. 2016

XVII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL "TÍRALLE DA LINGUA"


Tíralle da língua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
O proxecto "TÍRALLE DA LINGUA" consta de dúas fases:
 - Estas xornadas de expresión oral, dirixidas ao profesorado, nas que se intenta proporcionar técnicas para traballar a oralidade na aula.
 - E un concurso de relato oral, dirixido ao alumnado de toda Galiza cunha fase final que se celebra no mes de maio en Compostela.  

XVII CONCURSO DE RELATO ORAL: TÍRALLE DA LINGUA
BASES DO CONCURSO
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.

2ª As historias contaranse en galego.

3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)

4ª As/os participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.

5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos:
1) Primaria
 2) 1º Ciclo de ESO.
 3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.

6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel de centro de ensino.
2) A nivel nacional.

7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.

8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 19 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.

9ª A fase final celebrarase a finais de abril en Santiago, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.

10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

Para máis información: http://www.as-pg.gal/ViewActivity.do?activityId=69

10 nov. 2016

SEMANA DA CIENCIA NO RECREO

Hoxe xoves, poidemos ver e facer un experimento que consistiu en crear una batería electrica con limóns.




Déixovos o seguinte enlace, no que poderedes aprender todo o que precise sobre este experimento e  e a súa explicación científica e outros experimentos relacionados ca electricidade.

EDERNORCHICOS

ROBÓTICA NA ESCOLA NA SEMANA DA CIENCIA

Na semana da ciencia na nosa escola, as alumnas e alumnos da aula de 5º de primaria tiveron a gran sorte esta semana de disfrutar dunha sesión de robótica.

Poderon aprender as bases nas que se fundamenta a linguaxe de programación da robótica.


Que é a robótica?

A robótica é a rama da tecnoloxía que se adica ao diseño, construción, operación, disposición estructural, manufactura e aplicación dos robots. A robótica combina diversas disciplinas como son: mecánica, electrónica, informática, inteligencia artificial, ingeniería de control e a física. Outras áreas importantes na robótica son a álxebra, os autómatas programables, a animatrónica e as máquinas de estados.



9 nov. 2016

EXPERIMENTOS NA HORA DO RECREO

Hoxe mércores a mestra Carmela deleitou a un numeroso grupo de rapaces e rapazas cun experimento, que máis que experimento, ben parecía que estaba a facer máxia.





No seguinte video podedes coñecer a explicación científica.


EXPERIMENTOS NA HORA DO PATIO

O martes puidemos ver o efecto que produce o xabón en contacto ca auga ou outros líquidos como o leite.

Para este experimento utilizamos os seguintes elementos:

- Leite
- Colorante alimentario líquido
- Xabón

Deste xeito:

  •    Observamos como funciona a tensión superficial.
  •    E observamos como ciertas sustancias poden romper a tensión superficial dun líquido


No seguinte video podedes velo. Esperamos que vos guste e que vos animedes a probalo por vos mesmos.


7 nov. 2016

GOTAS HUIDIZAS


Para mañá martes, "Gotas que fuxen".



Esperámosvos!!!



NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Esta semana puxemos en marcha unha semana da ciencia durante a hora do recreo.

Hoxe a mestra Isabel levou a cabo un mini obradoiro no que as nenas e nenos que así o desexaron puideron participar experimentando coas cores.

O experimento de hoxe foi sobre a CROMATOGRAFÍA con rotuladores.

1º Fixeron os seus debuxos con rotuladores sobre filtros de café.

2º Introduciron os filtros en vasos con un pouco de auga.

Así poderon ver como as cores se descompoñen.












6 nov. 2016

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL CA SÚA GALIÑA AZUL


CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o día das bibliotecas escolares, nada mellor que facelo con sesións de contacontos na nosa biblioteca.

Para chegar a isto, previamente, leváronse a cabo catro obradoiros de formación de contacontos polas tardes e algúns recreos, nos que participaron tres rapazas (Maira, Uxía e Laura) de 5º e 6º.

Nestes obradoiros elaboraron as láminas e prepararon o conto de "A Galiña azul" de Carlos Casares, para contalo ca técnica do Kamishibai.

Fixeron tres sesións, a primeira para as nenas e nenos de infantil, a segunda para os rapaces e rapazas de 1º e 2º curso e a última sesión para os nenos e nenas de 3º curso.

Despois de contar o conto contestaron a tódalas preguntas que lles fixeron espectadores, e por último agasalláronos cuns oviños de cores, e unha galiña azul ca que poder facer un pequeno e sinxelo títere.




























AS PROTAGONISTAS


 

24 oct. 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esta semana, como non podía ser doutro xeito, celebramos o día das bibliotecas escolares.
Hoxe comezamos co conto «Que será o que ten?». A mestra e compañeira Esperanza agasallou con este conto ás nenas e nenos de 4°, 5° e 6° de primaria. Un conto que ten por protagonista a Roberta, unha nena capaz de trocar ás persoas e cousas do seu entorno dun xeito moi creativo e artístico.
Os nenos e nenas de infantil, 1°, 2°e 3° recibirán os seus respectivos agasallos polo día das bibliotecas, mañá martes, o mércores e o xoves, respectivamente. Neste caso, será da man de tres nenas de 5° e 6°, que lles contarán o conto da «Galiña Azul», de Carlos Casares.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, puxemos en marcha un obradoiro para nenas e nenos de 5º e 6º de primaria que quixeran participar posteriormente de irlles contar contos ós nenos e nenas de infantil e primeiros cursos de primaria. Así pois, tres rapazas son as que se presentaron para participar deste obradoiro que levamos a cabo durante catro tardes do mes de outubro e algúns recreos.

6 oct. 2016

Outono Cultural no Auditorio de Goián

Chega con teatro e música o Outono Cultural 2016 en Tomiño

Todos os eventos celebraranse, coma é habitual no Auditorio de Goián, sendo posible mercar as entradas unha hora antes da función.




1 oct. 2016

Xornal Escolar O Papagaio

Estamos de noraboa. Edicións Moito Conto ven de publicar o número 1 dun novo Xornal Escolar en Galego; O Papagaio.

Ahí vai un pequeno agasallo como aperitivo para que vos vaiades facendo unha idea.
https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html

https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html

28 sept. 2016

OS BOLECHAS FAN O CAMIÑO


A pandilla dos bolechas fan o camiño é un xogo para que poidas aprender o mesmo tempo que vos divertides.

Fai clic no seguinte enlace: http://osbolechas.gal/peregrinos/

CHARLA DE FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS DA BIBLIOTECA


O luns 19 de setembro fixemos unha charla de formación de usuarias e usuarios da Biblioteca Axexo destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, e que tiña como obxectivo, por unha banda, convocar a aquelas nenas e nenos que quixeran formar parte do equipo de responsables da biblioteca en horario de recreo para o presente curso, e por outra, darlles as pautas necesarias para poder desenvolver con responsabilidade esta tarefa.

A afluencia foi masiva.

14 sept. 2016

O Camiño de Santiago

Benqueridas lectoras e lectores. Este curso que vimos de inaugurar adicarémolo a coñecer a nosa contorna paisaxística, histórica e patrimonial. Tomaremos conciencia do noso patrimonio cultural vinculándoo ao Camiño de Santiago e aos seus roteiros.

Déixovos algúns enlaces nos que poderedes mergullarvos neste tema.

Repositorio Abalar "Mirando polo camiño": https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1447236385/contido/index.html

Cultura Galega: http://www.cultura.gal/gl/mirando-polo-camino

Museos de Galicia: http://museos.xunta.gal/

Patrimonio Cultural: http://www.cultura.gal/gl/patrimonio-cultural

Bibliografía sobre Patrimonio Cultural (documento en PDF): http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2015/09/09/126fdc4ac4cd625216e90196bdf3c096.pdf

Camiños de Santiago: http://www.cultura.gal/gl/caminos-santiago

Camiño de Santiago: http://www.caminodesantiago.gal/es/inicio

Peregrino de Leirado: http://peregrinodeleirado.blogspot.com.es/

6 sept. 2016

Biblioteca Escolar

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 

29 jul. 2016

LETRAS GALEGAS 2017


O escritor ourensán Carlos Casares Mouriño, foi nominado pola Real Academia Galega como persoeiro  homenaxeado para celebrar o día das Letras Galegas do ano 2017

Resultado de imagen de Carlos CasaresE para ir entrando en materia podedes bucear nas seguintes ligazóns:
Recomendacións para lectoras e lectores infantís: 
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas

Velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega
Unha excepcional incursión de Casares no teatro para público infantil. Unha historia para ler e para representar. Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa.

En 1973, Carlos Casares recibiu o premio do "Concurso de teatro infantil galego" convocado pola Agrupación Cultural "O Facho". O Centro Dramático Galego volveu poñer en escea esta divertida e engaiolante peza teatral para gozo de pequenos e maiores.
 

5 may. 2016

XORNADAS CULTURAIS ´15 -´16

Este mes de maio ven cargadiño de actividades, nas que teremos charlas da empresa concesionaria de recollida do lixo en Tomiño Urbaser, obradoiro de cestería que nos dará o pai dunha alumna de infantil, obra de teatro ofertada polo Concello "As andanzas de Paio", e creación dun forno solar con voluntarios da ONG Greenpeace, e para como non podía ser doutro xeito o día 20 de maio temos o Festival do cole.


2 abr. 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL





cartel dia


Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.



Era unha vez…
Era unha vez unha... Princesa? Non.
Era unha vez unha biblioteca. E era tamén unha vez Luisa, que foi á biblioteca por primeira vez. A nena camiñaba amodo, tirando dunha mochila de rodiñas enorme. Miraba para todo abraiada: andeis e máis andeis cheíños de libros... Mesas, cadeiras, coxíns de cores, debuxos e carteis nas paredes.
–Trouxen unha foto miña –díxolle timidamente á bibliotecaria.
–Moi ben, Luisa! Vou facerche entón a túa tarxeta da biblioteca. Mentres, podes ir escollendo un libro. Podes escoller un para levar para a casa, vale?
–Só un? –preguntou, decepcionada.
De súpeto,.......


Continúa lendo este conto en: http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php



HANS CHRISTIAN ANDERSEN                          
 

Biografía: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/a/andersen.htm

Obra de Hans Christian Andersen

Editoriais galegas con literatura infantil: Contos en galego

24 mar. 2016

Julio Verne


 

Jules Gabriel Verne, máis coñecido como Julio Verne (Nantes, 8 de febreiro de 1828-Amiens, 24 de marzo de 1905).
Escritor, poeta e dramaturgo francés célebre polas súas novelas de aventuras e a influencia no xénero da ciencia ficción.
Ten unha obra extensísima ca que poder perderse no mundo da fantasía.

      




APPS PARA COIDAR DO MEDIO AMBIENTE

Déixovos o enlace da web http://www.greenappsandweb.com/ con un listado detallado de Apps para aprender a reciclar vidrio, para non desperdiciar alimentos, información sobre animais, contaminación nas cidades, lixo, consellos para aforrar auga...

Apps para coidar do medio ambiente 


18 mar. 2016

LECTURAS DE PRIMAVERA

 


Na primavera é tempo de saír a pasear. Os nosos bosques están cheos de preciosas rutas de sendeirismo para poder disfrutar da natureza.

Dende a biblioteca axexo animámosvos a que disfrutedes ademais na compaña dunha boa lectura.

Déixovos un enlace no que poder atopar novas lecturas ca que perderse.


10 mar. 2016

Contando contos

Na aula de nenas e nenos de 3 anos, tivemos a gran sorte de contar ca visita de dous compañeiros de 5° de primaria.

Na hora de lectura viñeron o irmán dun neno de tres anos acompañado dunha amiga e nos deleitaron ca lectura dun conto que contaron moi ben xa que conseguiron manter a súa atención de todos os peques.

Gracias chic@s!!

9 mar. 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR A POESÍA


Resultado de imagen de DÍA INTERNACIONAL DE LA POESÍA 

RECURSOS PARA TRABALLAR A POESÍA


O próximo 21 de marzo celébrase o día mundial da poesía. Deixámosvos unha pequena mostra de recursos cos que poder traballar na aula a creatividade literaria a través da expresión escrita e oral da poesía.