Blogging tips

29 feb. 2016

NA BUSCA DO TESOURO

A biblioteca de Nova York ofrece a posibilidade de acceder a 180.000 tesouros gratis.

Dende xaneiro pódense descargar gratis dende a súa páxina web máis de 180.000 arquivos (fotografías, gravados, acuarelas...) en alta resolución para o seu uso e desfrute libre, sen restricións e sen necesidade de ningún permiso.




Pincha no seguinte enlace: http://digitalcollections.nypl.org/  Asegúrate de marcar a casilla de dominio público.

nypl.digitalcollections.b5b54270-a066-0130-466b-58d385a7b928.001.w

De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal







Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de que a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade. Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a supervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.

20 feb. 2016

Coida o medioambiente, como tí a túa xente

Coida o medioambiente, como tí a túa xente. 
Cada acción conta, a miña tamén.

Dende a biblioteca axexo facemos unha convocatoria para as alumnas e alumnos de Sobrada, que estean nos cursos de 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria, para formar parte da PATRULLA VERDE.


Anímate, ven, participa!!!

LUNS 22 DE FEBREIRO
ÁS 11:30 HORAS
NA BIBLIOTECA


Facebookeámonos!!!

A biblioteca axexo xa está na rede social de facebook. Búscanos e únete a nós.


https://www.facebook.com/photo.php?fbid=128111367569463&set=a.128111644236102.1073741827.100011118010894&type=3

2NAFRONTEIRA con Curros Enríquez: Rosalía (Do mar pola orela)

Actividades na Biblioteca da Área Panorámica de Tui

Na Biblioteca da Área Panorámica de Tui podedes disfrutar de dous eventos que son moi interesantes:


"Rosalia de Castro", Crearte
Mércores, 24 de Febreiro do 2016
+5 anos. Duración: 60 min
Rosalía sae dos libros para levarnos a un mundo cheo de palabras e poesía a través de xogos de creación literaria. Conmemoración do nacemento de Rosalía.


"A natureza das cores", José Antonio Freitas
Xoves, 04 de Febreiro do 2016
Do 4 ó 26 de febreiro
A Arte é un desenvolvemento poético na concesión das cores, revelando un grito de ledicia, expondo a esencia das emocións.

Programación de Teatro en Tui

Na Área Panorámica de Tui teñen unha chea de actividades culturais destinadas a público familiar e tamén para adultos.

Aquí vos deixo as obras de teatro:


Sen Tipo
Música Infantil/Familiar, 45 MIN
Venres, 26 de Febreiro do 2016
Sen Tipo
Teatro de adulto, 80 MIN
Sábado, 27 de Febreiro do 2016

Sen Tipo
Teatro de adulto, 80 MIN
Venres, 04 de Marzo do 2016

Sen Tipo
Monicreques, 50 MIN
Sábado, 05 de Marzo do 2016

Sen Tipo
Cinema infantil, 78 MIN
Venres, 11 de Marzo do 2016
Tedes máis información en: http://www.culturatui.info/

9 feb. 2016

+ Recomendacións literarias

carmina burana: poemas de amor  (ed. bilingüe gallego-latin)-jose carracedo fraga-9788482887692  Carmina Burana: Poemas de amor (Ed. bilingüe galego-latín) (En papel)

                                      José Carracedo Fraga, Galaxia, 2004                         

Unha obra fundamental da poesía de tradición literaria ocidental. Dirixida polo profesor M. C. Díaz y Díaz, unha das autoridades actuais nas letras clásicas. Escritos probablemente na segunda métade do século XIII, os Carmina Burana forman unha colección de cantos medievais chamada así por ser descuberta no Mosteiro Bura Sa ncti Benedecti, en Baviera, no ano 1847. Clásicos en galego ofrécenos a parte máis extensa da colección, que se dedica aos poemas de contido amoroso. Neles amósase a evolución da creación literaria europea, na que se comezan a mesturar temas da tradición cristiá cos de tradición clásica e pagá, nun momento da Idade Media en que unha sociedade máis urbana e máis burguesa, máis secular se abre a novos gustos.    

Recomendacións literarias para tempos de agarimos.


CHUZOS DE PUNTA RAQUEL SAIZ  

OQO EDITORA, 2008

Resumen do libro

O señor Manolo ergueuse como todos os días; lavou a cara, vestiuse… e ao saír á rúa… caeulle unha princesa na cabeza! E é que hai días en que as leis da natureza non funcionan: hai días en que o amor cae do ceo. Con lirismo, ironía e normalidade absoluta, alén dun gran sentido do humor, revisa Raquel Saiz o tó pico da princesa dos contos tradicionais que coñece a un príncipe e namora del para toda a vida. A autora aproveita así, un lugar común para facernos reflexionar acerca dos valores e sentimentos humanos e descubrirnos o valor da convivencia entre diferentes, aínda que no fondo non tan distintos. A ilustradora croata Maja Celija, que se achega por primeira vez ao público galego, preséntanos un estilo expresionista e contundente, cun evidente sentido do humor. Asemade, as ilustracións de gran forza expresiva reflicten e enriquecen o carácter irónico e humorístico do texto de Raquel Saiz. Texto de Raquel Saiz Ilustracións de Maja Celija Tradución do castelán de Marisa Núñez.

BIBLIOTECA VIRTUAL DE LITERATURA UNIVERSAL EN GALEGO


Outro portal moi interesante para todos os públicos é http://tradutoresgalegos.com/catalogo.php onde podes atopar unha excelente colección de libros gratis (en pdf) e en galego.

Non deixedes de visitala, é magnífica.

ALIALI.GAL, PORTAL CON RECURSOS EN GALEGO

ALÍ

Deixo o enlace dun portal en galego cunha morea de ferramentas e utilidades para infantil e primeiros cursos de primaria.

Contos, cantigas, videos, xogos...

aliali.gal