Blogging tips

24 oct. 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esta semana, como non podía ser doutro xeito, celebramos o día das bibliotecas escolares.
Hoxe comezamos co conto «Que será o que ten?». A mestra e compañeira Esperanza agasallou con este conto ás nenas e nenos de 4°, 5° e 6° de primaria. Un conto que ten por protagonista a Roberta, unha nena capaz de trocar ás persoas e cousas do seu entorno dun xeito moi creativo e artístico.
Os nenos e nenas de infantil, 1°, 2°e 3° recibirán os seus respectivos agasallos polo día das bibliotecas, mañá martes, o mércores e o xoves, respectivamente. Neste caso, será da man de tres nenas de 5° e 6°, que lles contarán o conto da «Galiña Azul», de Carlos Casares.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, puxemos en marcha un obradoiro para nenas e nenos de 5º e 6º de primaria que quixeran participar posteriormente de irlles contar contos ós nenos e nenas de infantil e primeiros cursos de primaria. Así pois, tres rapazas son as que se presentaron para participar deste obradoiro que levamos a cabo durante catro tardes do mes de outubro e algúns recreos.

6 oct. 2016

Outono Cultural no Auditorio de Goián

Chega con teatro e música o Outono Cultural 2016 en Tomiño

Todos os eventos celebraranse, coma é habitual no Auditorio de Goián, sendo posible mercar as entradas unha hora antes da función.




1 oct. 2016

Xornal Escolar O Papagaio

Estamos de noraboa. Edicións Moito Conto ven de publicar o número 1 dun novo Xornal Escolar en Galego; O Papagaio.

Ahí vai un pequeno agasallo como aperitivo para que vos vaiades facendo unha idea.
https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html

https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html