Blogging tips

27 nov 2017

PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR NA RADIO MUNICIPAL DE TUI


PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR

A Biblioteca Axexo do C.E.I.P. de Sobrada, quere informarvos de que dende a Radio Municipal de Tui se emite un programa escolar no cal participa o noso colexio recomendando libros.

Animámosvos a escoitar estes programas que se emitirán todos os xoves en horario de 11:30 h. e 14:45 h. (redifusión).

O noso colexio fará os programas dos días:

- 30 de novembro de 2017.
- 1 de marzo de 2018.
- 10 de maio de 2018.
- 31 de maio de 2018 (este último será un programa conxunto de todos os colexios participantes)

8 nov 2017

Novembro: Mes da ciencia en galego

Tras un festexo como ben se merece o día das bibliotecas escolares, e unha semana adicada ao medo e o misterio do samaín, sumerxímonos a bucear e aprender deste mes de novembro ao que se lle adica o Mes da Ciencia en Galego dende o ano 2014.

Déixovos o enlace á Bibliotecas Escolares de Galicia para que poidades acceder ao manifesto deste ano, e aos enlaces no que atopar moita información sobre ciencia.
Novembro: Mes da Ciencia en Galego 2017

Tamén bos deixo o enlace ao Blog da Biblioteca do colexio de Cervo, xa que fixeron un boísimo traballo co que se pode traballar e aprender. Biblioteca Cervo

Unha recompilación de materiais de Ciencia en Galego Recompilación de materiais

Tríptico informativo de actividades relacionadas ca ciencia en bibliotecas públicas de Galicia.